mércores, 2 de abril de 2014

SAÍDA Á MADROA

Os alumnos do CEE  de Panxón de Nigrán tiveron  unha saída educativa onte pola mañá á  Madroa aos campos de adestramento do Celta.Os feitos producíronse sobre as 10:00h da mañá cando partiron  do centro educativo para chegar alí sobre as 11:00h.
Despois de tomar algo quente na cafetería ,  pois facía moito frío  e chovía comezaron os adestramentos.O alumnado aproveitaron para xogar ao fútbol nas gradas das inmediacións,  procurando non molestar aos medios de comunicación que alí estaban.
Ás 13:00h da mañá aproximadamente volveron ao centro cun sonriso  de orella a orella , pois viran os seus ídolos moi cerca .Hoxe xa toca traballar  de novo

Ningún comentario:

Publicar un comentario