martes, 20 de maio de 2014

Xosé María Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro naceu no lugar do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz) o 19 de febreiro de 1914, na comarca da Terra Chá e finado en Lugo o 2 de outubro de 1990. Na placa conmemorativa da casa do poeta pon:

“Nesta casa naceo o poeta Xosé Mª Díaz Castro Vilariño (Vilares) 1914-1990 o universo sería máis pequeno sen ti”

O homenaxeado ingresou no 1929 no Seminario de Santa Catalina en Mondoñedo.
Foi chamado a filas pola súa quinta, destinado ao corpo de sanidade militar na Coruña,
viviu en Madrid dende 1948 exercendo distintos traballos, foi tradutor e profesor de linguas clásicas e modernas.
Estudou no Seminario de Mondoñedo e traballou en Vilagarcía de Arousa
O poeta dominaba 9 linguas:
francés, inglés, alemán, italiano, portugués, holandés, linguas escandinavas, galego e castelán.
O seu libro máis famoso foi Nimbos, o termo Nimbos  explícao todo: “é o nimbo dos santos, a aureola que rodea a cabeza dos santos, unha aureola de gloria. E coma unha aureola que lles poñemos ás cousas para facelas resaltar máis… este libro se publicou en 1961.
Hay un instituto co nome do poeta en Guitiriz, o IES Poeta Díaz Castro, a Deputación inauguró na Capela unha insua para Díaz Castro, a exposición coa que conmemora o Día das Letras Galegas.


1 comentario:

  1. Fuches a primeira en realizar a webquest e iso merece parabéns!! Grazas polo teu interese e constancia no traballo.

    Araceli

    ResponderEliminar